Este documento presenta los criterios de evaluación y los procedimientos e instrumentos de evaluación para una asignatura relacionada con los medios audiovisuales. Detalla una serie de criterios de evaluación que incluyen habilidades como el análisis de imágenes fijas y en movimiento, la identificación de géneros y roles en producciones audiovisuales, y la capacidad crítica frente a los medios. También describe los instrumentos que se utilizarán para la evaluación formativa y las calificaciones. Finalmente, establece normas mínimas sobre el comportamiento del
La Importancia de la Universidad como Institución Social.pdf
Merda 2
1. Indice
Criterios de Avaliación|outline............................................................................................................. 1
Mínimos esixibles|outline.....................................................................................................................2
Criterios de cualificación......................................................................................................................2
Procedementos e instrumentos de avaliación....................................................................................... 3
Criterios mínimos de avaliación........................................................................................................... 3
Instrumentos de cualificación...............................................................................................................4
Normas de convivencia e obrigas do alumnado
Criterios de Avaliación
• A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas tecnoloxías da información e
a comunicación e a súa repercusión na evolución estética dos mensaxes audiovisuais.
• A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os diferentes produtos
audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.
• Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade e a súa imaxe, nas
súas diversas formas e medios de representación nos medios audiovisuais e de
comunicación.
• Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características básicas do
significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento.
• Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de lectura dunha mesma
imaxe.
• Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de xénero e
diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións audiovisuais
• Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
• Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os elementos básicos do
medio audiovisual para realizar traballos con imaxes fixas e con imaxes en movemento.
• Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros.
• Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións comunicativas e
narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais
• Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros avaliando a estrutura
do mensaxe e su eficacia comunicativa.
• Capacidade para estruturar un guión a partir da adaptación dunha obra literaria, dunha idea
ou dun acontecemento.
• Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo nos
conflitos do seu entorno social ou educativo.
• Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta radiofónica
e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada xénero, ase como os
tópicos recorrentes nos programas de éxito.
• Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e creacións
audiovisuais.
2. • Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da información e a
comunicación, con especial atención a os medios de comunicación de libre acceso como
internet.
• Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando os seus
aspectos positivos e negativos.
• Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando os
elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa emotividade, a
sedución e a fascinación.
• Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor das
mensaxes publicitarias.
• Normas de convivencia e obrigas do alumnado
#Indice|outline
Mínimos esixibles
- Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e dos medios
audiovisuais na creación de mensaxes.
- Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo.
- Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como
en movemento.
- Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe ou produción
audiovisual.
- O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria.
- Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de discusión e crítica e
asunción das responsabilidades no traballo que require calquera proxecto audiovisual.
- Mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións
#Indice|outline
Criterios de cualificación
Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros:
• Probas sobre coñecementos teóricos.
• Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas
• Valoración de conceptos, procedementos e actitudes.
A nota de cada traballo individual:
• Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada actividade, o que
supoñerá ou non, a asimilación dos contidos conceptuais que precederon cada actividade.
• Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa predisposición á
experimentación, capacidade crítica cos seus propios resultados, o seu nivel de esforzo e
curiosidade, así como de respecto á materia.
• Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual dos traballos, boa
presentación dos mesmos, orde e a limpeza dos materiais, propios e comúns. Tamén
teremos en conta o comportamento na aula, baseándose no respecto e a tolerancia
fronte os compañeiros e ao profesor, tamén valorarase o respecto ó traballo alleo.
• Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota un cero
3. • En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa xustificada, terán unha rebaixa na
nota en proporción coa tardanza na entrega.
A nota dos proxectos en grupo:
• Será dun 75% como traballo colectivo e nota de aportación persoal ao traballo conxunto
25%
• A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo.
Cualificación de las avaliacións parciais:
• A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media aritmética dos exercicios,
exames e demais probas de contido propostas na avaliación.
• Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de cualificación recollidos no
apartado c) do punto 10 desta programación
Cualificación da avaliación final:
• A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das notas das tres
avaliacións do curso.
• Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de cualificación recollidos no
apartado c) do punto 10 desta programación.
#Indice|outline
Procedementos e instrumentos de avaliación
Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha delas final. Para a
cualificación usarán os seguintes procedementos de avaliación:
Avaliación inicial
Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de cada alumno
(coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos, intereses…). Os resultados da avaliación
teranse en conta para no desenvolvemento da programación.
Avaliación formativa
Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás necesidades individuais de
cada alumno. Pretende a obtención dos obxectivos propostos para o curso.
Observación por parte do profesor da actitude participativa do alumno nas actividades de clase e
nos grupos de traballo.
Entre os instrumentos de avaliación sinalamos:
• Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen (comentario dun anuncio,
reportaxe fotográfico, podcast, etc.)
• Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto de cine mudo e
documento multimedia)
• Exames escritos, con preguntas teóricas e breves exercicios prácticos relacionados cos
contidos impartidos, tanto teóricos como prácticos.
#Indice|outline
Criterios mínimos de avaliación
• A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os diferentes produtos
audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.
4. • Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características básicas do
significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento.
• Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de xénero e
diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións audiovisuais
• Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
• Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións comunicativas e
narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais
• Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo nos
conflitos do seu entorno social ou educativo.
• Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta radiofónica
e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada xénero, ase como os
tópicos recorrentes nos programas de éxito.
• Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e creacións
audiovisuais.
• Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da información e a
comunicación, con especial atención a os medios de comunicación de libre acceso como
internet.
• Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando os
elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa emotividade, a
sedución e a fascinación.
• Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor das
mensaxes publicitarias.
#Indice|outline
Instrumentos de cualificación
Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán:
a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos traballos
específicos.
b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do curso. Os alumnos
deberán ter un blog de aula dedicado á recollida e intercambio de información e traballos da
materia, tanto de conceptos teóricos recibidos na clase coma dos traballos elaborados.
c) Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos:
• Manexa o medio con claridade e corrección.
• É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material.
• É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
• Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades concretas de cada caso
e axustándose ás condicións que se lle indican.
• Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o desenvolvemento dunha
actividade.
• Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as tarefas de clase,
demostrando interese polo traballo.
• Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir os erros propios,
amosando afán de superación.
• Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e o medio que o
rodea, e non provoca conflitos no desenvolvemento normal da clase.
5. • É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de palabra, coopera
cos seus compañeiros e profesores e amosa actitudes solidarias.
• Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os traballos nos prazos
asignados e traendo o material necesario para traballar na clase.
d) Entendese por comportamento exemplar:
• Respectar as normas de convivencia.
• Respectar ós profesores e ós compañeiros.
• Presentar os traballos con limpeza e pulcritude.
• Entregar os traballos nos prazos sinalados.
• Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que se lle indican.
• Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo.
• Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade.
• Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
• Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o desenvolvemento do seu
traballo.
• Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións concretas e
constantes.
• Traballar ben en equipo.
#Indice|outline
Normas de convivencia e obrigas do
alumnado
Todas as faltas contrarias ás normas de convivencia serán sancionadas de acordo co establecido
no Regulamento de Réxime Interno do Instituto.
• Considérase falta leve non levar á clase o material específico esixido para traballar. Ás tres
faltas leves acumuladas darase aviso ós pais do alumno/a e o/a titor/a mediante un parte de
incidencias. A quinta falta de material por avaliación, significará un segundo parte de
incidencias e a sexta falta de material na avaliación significará o terceiro parte de
incidencias que se propoñerá inmediatamente en coñecemento da xefatura de estudios,
posto que a falta pasa a ser grave e merecer, polo tanto, un parte sancionador. A sanción
correspondente será en cada caso a marcada no Regulamento de Réxime Interno.
• Cada alumno/a deberá coidar a súa mesa de traballo e deixala limpa antes de finalizar a
clase. O negarse a dita limpeza ou o esquecemento reiterado neste labor será sancionado
cun parte de incidencias que será comunicado ao/á titor/a, aos pais e a xefatura de estudos.
• Se un alumno chega a clase cinco minutos ou máis despois de que toque o timbre,
considerarase como atraso. Tres atrasos acumulados terán a condición de falta leve que da
lugar a emisión dun parte de incidencias que se comunicará ós pais e o/a titora do alumno.
A persistencia nestes feitos terán a consideración de falta contraria ás normas de
convivencia.
#Indice|outli