Este documento contiene varios poemas cortos que describen paisajes rurales y escenas de la vida marinera. Los poemas evocan imágenes del mar, ríos, pueblos pequeños y recuerdos del pasado a través de detalles sensoriales.
Non sempre elaugua chega asina, tresparente, tranquila. Ten outro corpo al chover, as gotas tupen a flor del augua das ondas miudas d’inverno. ¿Será dura el augua?, perguntas.
4.
El vento raloy úa cana de salgueiro asomaban cimbres al camín, trendo soños de nebra á memoria dos días. Puiden tentar d’aquella el gordor del augua entre a nebra; as arriadas de sois atotaos, os mañuzos de silencio mesto; y, d’esgueira, el corpo miudo del augua que fuxía.
Lloureiros de solombrana viera del carreiro; escaleira llabrada polla lenta pisada de quen vivíu primeiro. Aire fresco na baxada, bruares, ruxidos, suares del augua; a fala dos espíritus.
7.
El arrecho pequeño,a pedra cuase axelada, rocordos d’un neno col frío na cara. Pasaos xa anos, y sin que d’ella ún s’acorde, vólvese arteira a pequena fonte.
Hoi, que nuné domingo, veño hasta el porto. Dous pixotos que cantan al ameicer confunden el sou trabayo con un enredo y botan mao del tempo, pegureiro brizo y tenro entre os sous oyos. A lluz que ten este día pinta el nordés.
11.
Na caleya quebaxa al espigón quedo parao, sonrindo, nel meu andar: lluita núa melodía el aire del brao y danza alegre un árbol, vixilante veyo y manso entre el verdor.
12.
Un son d’azucrey de mel envolve a mañá. A gaviota qu’engala fendo xareo queima con muitos berros el sou brincar, chama al home da rula pra que nun peche y chegan, mollemente, compañeiras branco lleite, por un momento. Ningúa conta perderse a xanta pernal.
13.
Sei por quéna talaya medran as pedras, por qué cos milagres nos barcos xurde el amor, sei que nas arribadas falan as ondas y xemen as solombras das serenas señardosas pollas súas pernas. Esperan por outro día os mecos del sol.
14.
Nas paredes damía casa pode verse el firmamento é azul como a súa cama, é clarén de berzo eterno. Nas paredes da mía casa pode verse el firmamento é azul como a súa cama, é clarén de berzo eterno.
15.
¿Cóntos anos tiréinel mundo dos pexes? ¿Cóntos quixen botar mui cerca d’aquí? Falo cua mía solombra y dizme que muitos y véxome maduro rabilando firme y mudo entre a xente. Nun dou por nada el meu mar nin el qu’eu vivín.
Quizabes, perderse tantoentre as cancióis, nun ten outro sentido máis qu’el d’amurar un pouco á llúa.
18.
Nun sei. Ásveces gravito entre os soles y os reis como as carrizas que nadan na nada y volven al mundo A improvisación féxome un furaco nel peto, como se quixera ter úa ventá pr’asomarse y pra ver as caras da xente que me sigue alredor del harmonía.
19.
Nel trafego delxareo confundo os colores y fágome cada vez máis veyo entre os oyos d’un público pouco avezao ás cántigas de volta y ás frebas de llume. Si... Nun é xinxello ser lluz qu’abura nel cerno del presente...
Pecho os oyosy véxola chantada, avezada y espida en mitá del frente da casa veya de pedrá que manda na ribada.
68.
Deitado na camade ferro véxola na meseta pousada, entornada sobre a ventá del cuarto coas pernas tesas y de bisagra as cadeiras.
69.
Desde el camínvéxola encoira, encuadrada entre pedras y contras, col trabatel de corona y a soleira de basa, unde antes apigarzaban os pezois mansos con a louxa, despertos y argutes agora que se yes entorna el bercio con a mia chegada.